lunes, 4 de julio de 2011

ENTREVISTA COA RADIO GALEGA


Hoxe luns ao mediodía chamáronme da Radio Galega. Quérenme facer una pequena entrevista mañá martes pola mañá no programa Galicia Por Diante. Para quen lle apeteza escoitala está prevista para as 10:30 aproximadamente.

Estou bastante sorprendido a verdade, non me esperaba que o documental chegase a isto. Como xa dixen o outro día, eu nin sequera me podo conectar ao blogue, facebook ou twitter, nin ao meu correo persoal dende o barco, teño un contacto en terra que se conecta por min e actualiza con todo o que eu lle mando a través dunha comunicación por satélite que é unha cousa entre o email e o fax. Así que tampouco sei que reaccións, comentarios, ou seguimento está habendo, só que o que escribo se vai publicando.

1 comentario:

  1. En hora boa, Brais! :D
    Desde logo que o que estás facendo é un traballo moi bonito. :)

    ResponderEliminar