sábado, 25 de junio de 2011

Preparativos (II)



Xa estou na casa con todo o material de gravación listo. O ordenador xa ten tódolos códecs para ler os vídeos e só me queda practicar un pouco máis coa cámara, xa que nunca me parece suficiente.

Faltan xa menos de 48 horas para que embarque e a cousa vai tomando forma, así que o resto do día dedicareino a preparar todo o material “non audiovisual”. Teño unha morea de roupa de abrigo que probar, clasificar e gardar, e tamén a roupa de augas. Espero que sexa cómoda.

2 comentarios:

  1. Non esquenzas as pastillas para o mareo, por si acaso... :)

    ResponderEliminar
  2. Agora si que falta pouco! E aínda que o do mareo andará por aí os primeiros días, pásao moi ben nesta nova experiencia!

    ResponderEliminar